Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Ola a tod@s,
 canta diversión tivemos o xoves no festival das Letras Galegas. Celebramos a festa da nosa lingua e homenaxeamos a Xosé María Díaz Castro. Rock, rap, o baile da carrasquiña, o baile do pirata, teatro, recitamos a Antón Cortizas, bailamos, cantamos, ......A ABUELA MANUELA, que risas!!!
Parabéns a tod@s!
Aquí vos deixo algunhas fotos, pero estade moi atentos ao facebook do cole onde aparecerán moitas máis.






Día de Rosalía de Castro 2013

O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento.  Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. Con este motivo, os actos tentarán proxectar a figura e obra rosaliana nos diferentes sectores sociais.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.

Ademais, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizará, como xa fixo en anos anteriores, un completo programa de actos con motivo da celebración pública do Día de Rosalía. Entre outros a AELG propón aos centros do ensino a inclusión de actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares Gallegos, que divulgaremos desde o noso espazo web para darlles visibilidade social.

Na SEGUNDA LECTURA COLECTIVA de Cantares Gallegos, participan 37 centros educativos de toda Galicia e de todas as etapas, con alumnado de todas as idades.

O noso centro participa lendo "Ora, meu meniño, ora", lido por 2º de Educación Primaria.

Mirade que bonito saíu!!!   Noraboa mociñas e mociños!!!

 

Ora, meu meniño, ora. Recitado polos nenos e nenas de 2º de E. Primaria 2012-13

 

 

Para ampliar información podedes visitar a web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

 

 

.

Actualización das Galerías Fotográficas

 

Vimos de engadir máis fotos nas galerías fotográficas, botádelles unha ollada!!!

  Carreira Escolar, marzo 2012

  Visita de Antón Cortizas, maio 2012

  Letras Galegas, maio 2012

(Lembra que tamén tes un enlace permanente no menú superior deste Blog)


.

Actuación de 1º EP no Festival das Letras galegas 2012

Aquí tedes a actuación de 1º de EP. Tamén tedes a actuación xeral de todos os nenos e nenas do cole (Ver)

Actuación dos nenos e nenas de 1º EP na Celebración das Letras Galegas de 2012 - CEIP A Fraga



Máis información: http://ceipafraga.blogspot.com.es/

.

Celebracións das Letras Galegas 2012

Ola a todos!!

Aquí tedes unha pequena presentación con algunhas fotos das actuacións dos nenos e nenas do Cole no Festival das Letras Galegas de 2012, adicado nesta ocasión a Valentín Paz Andrade.

Esperamos que vos guste!!

PD: Grazas a Ana Lema polo seu traballo, tempo e esforzo, preparando esta presentación.

 



24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA

                                                                                       #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón Cada 24 de outu...